lunes, 12 de enero de 2009

Importacia do blog



Este blog pretende sintetizar e concentrar da mellor maneira posíbel a información que eu, como estudante de enfermaría de primeiro curso, podo atopar tanto en libros como na rede. Intentarei facer o que poida xa que esta enfermidade é complexa. Para poder entender a epilepsia hai que coñecer as partes e funcionamento do cerebro, cousa que aínda hoxe é unha utopía.


A epilepsia, como a maioría da xente xa sabe, é unha enfermidade neurolóxica do sistema nervioso central, caracterizada pola repetición de crise, que aparecen de maneira súbita e sen motivo aparente. Prodúcese unha actividade desorganizada dun conxunto de células cerebrais (as neuronas), o que desencadeará a crise epiléptica.


Unha crise epiléptica ocorre cando unha actividade anormal eléctrica no cerebro causa un cambio involuntario de movemento ou función do corpo, de sensación, na capacidade de estar alerta ou de comportamento. A crise pode durar desde uns segundos até varios minutos. Hai máis de vinte tipos diferentes de crises epilépticas.





1 comentario:

  1. Hola Sara.
    Antes de nada, te deseo suerte en la elaboración del blog. Es un tema que puede dar mucho de si y que me parece bastante importante. Realmente no sabemos como actuar ante un caso de epilepsia.
    Espero la siguiente entrada.
    Saludos y suerte.

    ResponderEliminar